Thursday 19 de September de 2024

Apertura do prazo de inscrición no obradoiro “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”


A Biblioteca municipal abre esta tarde, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición no obradoiro “Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado”, dirixido a público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto e que impartirá Sheila García. A edil responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado ás 11.00 horas nas instalacións da Biblioteca municipal.

Os poemas de Florencio Delgado e a técnica dos caligramas permitirán descubrir aos participantes a importancia das artes como medio de expresión. Cada persoa deseñará a súa propia bolsa de tea, contribuíndo á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental entre os menores. A proposta enmárcase no programa de actividades deseñado dende o consistorio para homenaxear a figura do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Para poder asistir é preciso apuntarse dende hoxe ás 16.00 horas –ata esgotar prazas- de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.